HomesociedadeA AGACAL organiza en Monforte cinco cursos de marketing dixital

A AGACAL organiza en Monforte cinco cursos de marketing dixital

Cada un dos cursos ten unha duración de 4 horas e impartiranse de 10,00 a 14,15 horas. O primeiro celebrarase o venres 28 e os seguintes celebraríanse o 31 de outubro e o 2, 3 e 4 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, organiza cinco cursos sobre marketing dixital no Centro de formación e experimentación agraria de Monforte de Lemos.

O obxectivo desta formación é ensinar aos alumnos a elaborar un plan de marketing para que poidan detectar novas oportunidades no seu negocio, optimizando os recursos á hora de comercializar un produto e aproveitando as oportunidades que brinda o entorno en liña á agricultura e gandaría. Así, o programa inclúe tanto nocións do uso de redes sociais, como ideas de contido e redacción de textos para as mesmas.

Esta iniciativa está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Nesta páxina pode atoparse o referido curso e facer a preinscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.gal.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...