HomePolíticaCCOO, CIG e CSIF reúnense cos partidos da oposición de Monforte para...

CCOO, CIG e CSIF reúnense cos partidos da oposición de Monforte para abordar o RPT

Os partidos políticos na oposición do Concello de Monforte solicitaron unha xuntanza cos sindicatos presentes na Mesa Xeral de Negociación. Todos atenderon á solicitude agás a UGT.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os sindicatos expuxeron as motivacións que os levaron a votar en contra da proposta de RPT, a ausencia total de vontade negociaciadora, incumprimento do proceso negociador proposto e publicado polo propio Concello, nula atención ás achegas sindicais e como resultado, unha RPT que creará moitos máis problemas dos que vai a resolver.

Ante a negativa do Concello a atender debidamente a principal proposta sindical, a celebración dun verdadeiro proceso negociador, as forzas políticas do BNG, Esperta Monforte e PP comprometéronse a forzar na medida do posible, que se retome o proceso atendendo ás propostas das e dos representantes legais dos traballadores.

Dende as organizacións sindicais agradecen a vontade de escoita mostrada polos representantes da oposición e instan a que o grupo de goberno do Concello asuma, que a pesares de ter a maioría no pleno, a RPT do Concello de Monforte se traslada a este órgano de goberno co voto en contra dunha amplísima maioría da representación sindical. En dita RPT, os sindicatos aseguran que o concello parece ter un problema á hora de establecer un cálculo matemático “onde se esquecen de que o 10% dos traballadores terán unha perda de poder adquisitivo no futuro, pola conxelación salarial derivada do Compemento Persoal Transitorio.”

As organizacións sindicais instan de novo ao Concello a que paralice o proceso de aprobación da RPT, para procurar a elaboración dun documento consensuado que evite unha cascada de recursos xudiciais. Polo que unha vez máis lle demandamos que se senten a Negociar e atendan ás demandas sindicais.

ÚLTIMAS

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...