HomeCulturaO 12 de novembro haberá Cantos de Taberna en Chantada!

O 12 de novembro haberá Cantos de Taberna en Chantada!

O prazo de inscrición estará aberto ata o 5 de novembro e xa hai bastantes grupos anotados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este ano Chantada non celebrou o Castañazo Rock, pero parte das participantes nos Cantos de Taberna que se celebraban coincidindo co festival deciden manter esta actividade, “decidimos que, se ben o futuro do festival segue a estar na mans da Asociación do Castañazo, os cantos podían e debían retomarse, non só para manter prendida a chama dun festival que agardamos volte con forza o ano que ven como unha das datas máis sinaladas e devecidas na nosa vila, mais tamén para dar continuidade a un encontro da veciñanza coa música tradicional que O Castañazo prendeu e que nunca deberamos deixar morrer.”

O percorrido será pola Praza da Paz e Tras dos Fornos ata chegar ao cadrante das rúas Xoán XXIII (treito da Praza de Abastos), Santa Ana, Leonardo Rodríguez e Luciano Travadelo. Rematarase cunha foliada e un pequeno magosto e uns petiscos para os grupos na rúa, grazas á colaboración do Concello de Chantada.

“A música e a tradición seguirás vivas mentres as toquemos, as cantemos e as bailemos. Non faltedes!”, animan as promotoras.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...