HomesociedadeAlumnado dos Escolapios visita o concello de Monforte

Alumnado dos Escolapios visita o concello de Monforte

Os alumnos do colexio monfortino tamén aproveitaron para coñecer as distintas dependencias da Casa Consistorial, e fixeron a foto de familia co rexedor municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibía esta semana na Casa do Concello a alumnos e alumnas do 2º curso de Primaria (7-8 anos) do Colexio dos Pais Escolapios, que acudiron co obxectivo de coñecer estas instalacións municipais e o seu funcionamento.

Acompañados por 2 profesores, os 40 alumnos e alumnas foron recibidos por José Tomé no Salón de Plenos, onde lles explicou o funcionamento do Concello, e sobre todo o relacionado con como é o desenvolvemento dos Plenos da Corporación municipal en dito salón.

Os estudantes tamén aproveitaron a ocasión para preguntarlle ó alcalde sobre como desenvolve o seu día a día á fronte do Concello, sobre cantas persoas traballan no mesmo ou sobre os proxectos nos que está traballando o Equipo de Goberno. Neste senso, os nenos e nenas manifestaron o seu o seu gusto polo novo Parque do barrio do Hospital, que o Alcalde inaugurou a pasada semana.

O alcalde, tamén lles explicou a condición de cidade condal que posúe Monforte, e outros fitos históricos como a chegada do tren a Galicia pola urbe monfortina.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...