HomesociedadeO 3 de novembro, cata en Monforte de produtos amparados pola IXP...

O 3 de novembro, cata en Monforte de produtos amparados pola IXP Mel de Galicia

A AGACAL organiza no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos unha xornada para dar a coñecer as características físico-químicas dos produtos amparados pola indicación xeográfica protexida (IXP) Mel de Galicia. Terá lugar o vindeiro xoves 3 de novembro en horario de 16,00 a 21,00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A acción parte da idea de que o mel acumula unha importante historia produtiva dentro da comunidade galega, estando referenciadas numerosas alvarizas de fai moitos séculos que reflicten a relevancia que sempre tiveron as abellas na nosa contorna. Nesa liña, búscase difundir os principais parámetros do produto con selo de calidade para poñelo de relevo a través dunha cata seleccionada, así como os valores dispostos na lexislación vixente.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.

Nesta páxina pode atoparse o referido curso e facer a preinscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para solicitar máis información, poderán dirixirse ao enderezo cesar.crespo.vazquez@xunta.gal ou chamar ao teléfono 982 889 106.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...