HomesociedadeVoluntarios de Protección Civil fórmanse en Chantada na loita contra incendios e...

Voluntarios de Protección Civil fórmanse en Chantada na loita contra incendios e primeiros auxilios

A Xunta de Galicia ofrece dous cursos para formar a 40 integrantes de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) que se desenvolven entre esta semana e a próxima en Chantada e Monforte e Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas iniciativas forman parte da programación da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) para o segundo semestre do ano e contan con 20 prazas cada unha.

A actividade de Chantada desenvólvese desde este sábado, 29 de outubro, ata o 5 de novembro na aula CEMIT. Proporciona ao persoal voluntario formación sobre prevención e loita contra os incendios nos ámbitos urbano e forestal; así como nocións de primeiros auxilios.

No caso de Monforte de Lemos, a base de helicópteros do Marroxo acollerá os días 3 e 4 de novembro un curso básico de manexo de motoserras. A finalidade é preparar aos membros das agrupacións para participar con seguridade en intervencións de retirada de emerxencia de árbores caídas ou pólas desprendidas.

A Agasp convoca estas accións no marco dun plan de formación continua que inclúe entre os destinatarios ao persoal voluntario de Protección Civil. A programación deste semestre na provincia de Lugo inclúe sete cursos con 152 prazas que abranguen diferentes áreas relacionadas co desenvolvemento das funcións propias destas agrupacións.

ÚLTIMAS

Como poden axudar os servizos sociais dos concellos?

As situacións de vulnerabilidade, vinculadas á soidade, depresión ou adicións fixéronse máis visibles durante...

A CHMS investirá case 8M€ na mellora do saneamento de Monforte

Este acordo de colaboración dá continuidade ás actuacións contempladas no plan director para a...

‘Showcooking outonal’ por parroquias en Monforte

O Concello de Monforte de Lemos comezou o pasado 21 de novembro unha interesante...

Reúnese a Mesa de Coordinación de Lemos para a mellora da atención as vítimas de violencia de xénero

A Mesa de traballo está composta por profesionais de toda a Comarca de Lemos...