HomesociedadeQuimedo3, Festa do Terror en Quiroga

Quimedo3, Festa do Terror en Quiroga

Máis de 1000 persoas e un cento de voluntarias/os participaron na noite deste sábado do que xa foi a terceira edición do Quimedo, consolidándose como unha das grandes festas do Samaín en Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao pavillón Municipal, punto neurálxico da festa, acudían entres 19:30 e as 21:30, os valentes participantes, ataviados con disfraces tradicionais desta festa, e alí recollían os mapas e as pulseiras que lles servirían de pases para poder entrar nas oito casas do terror. Minutos antes da saída, marcada as dez da noite, o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, carecterizado acorde o evento, foi o encargado de dar a benvida a todos aos participantes e felicitou á organización por “facer de Quiroga un lugar cultural e de lecer referente en Galicia”.

Quimedo 2022 / Organizanción Quimedo

O percorrido desta edición, para o que os participantes tiveron que empregar entre dúas e tres horas, levaríaos por unha ruta pola vila con parada nas oito casas do terror. «A rapaza do pozo», «Lendas do terror», «O convento», «O laboratorio zombie», «O inferno», «O matadoiro», «Pallaso fobia» e «O psiquiátrico» son os nomes das casas que incluía o recorrido e que daban unha idea do que se podían atopar dentro.

Unha vez que a maioría dos participantes remataron a proba volvían pouco a pouco ata o punto de partida para prolongar a festa do Samaín durante tres horas máis.

Desde a organización agradecen a colaboración e participación nesta cita que aspira a ser referente do terror galego, “Aspiramos a şer un referente do terror galego, foi a terceira edicion, e crecemos de maneira exponencial respecto a as döş anteriores. Agradecementos a tod@s @s voluntari@s, participantes e concello de quiroga”.

Quimedo 2022 / Organizanción Quimedo

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...