HomeCulturaA sociedade cultural e recreativa La Unión ten o libro do seu...

A sociedade cultural e recreativa La Unión ten o libro do seu centenario

A Vicepresidencia edita un volume sobre o centenario da Sociedade Cultural e Recreativa La Unión de Sarria. Efrén Castro e Maite Ferreiro participaron esta fin de semana na presentación do libro na sede da entidade sarriá.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Libro de Ouro. Primeiro Centenario (1919-2019). Sociedade Cultural e Recreativa La Unión”, é unha publicación editada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo que documenta o século de actividade da entidade sarriá.

Ao longo de case 500 páxinas, este volume conmemorativo afonda na orixe da sociedade de Sarria nas primeiras décadas do XX, lembra ás persoas directivas e socias que a impulsaron e sostiveron ao longo deste último século e repasa as actividades culturais, sociais e recreativas que acolleu Villa Aurelia ou os nomes de persoeiros e persoeiras que a visitaron.

Coa edición do volume, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo rende homenaxe e recoñece a labor de La Unión no fomento da cultura e dos valores cívicos. Nesa liña, o deputado Efrén Castro valorou a traxectoria da entidade como un orgullo para Sarria.

Libro centenario La Uión / Vicepresidencia Deputación

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...