HomesociedadeCursos sobre capacitación para o persoal das granxas de porcino no Centro...

Cursos sobre capacitación para o persoal das granxas de porcino no Centro de Experimentación Agraria de Monforte

A AGACAL organiza dúas accións formativas en Monforte de Lemos sobre capacitación para o persoal de granxas de gando porcino. Os dous obradoiros serán semipresenciais comenzando o primeiro o día 10 e o outro a partir do 11, durante 4 días.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os cursos impartiranse ao longo de catro días (tres online e un presencial) en horario de 16,00 a 20,00 horas. O obxectivo destas formacións é que os alumnos adquiran as competencias necesarias para o traballo profesional no sector porcino, incluíndo aspectos fundamentais en materia de produción, sanidade animal, bioseguridade e aspectos medio ambientais. Para iso, o curso elaborouse de acordo ao contido establecido no anexo III do Real Decreto 306/2020, onde se atopa a regulación deste eido produtivo.

Os cursos están dirixidos á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

Nesta páxina poden atoparse os referidos cursos e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.gal.

ÚLTIMAS

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...