HomesociedadeA Torre de Homenaxe en azul polo Día Internacional contra a Violencia...

A Torre de Homenaxe en azul polo Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar

O Concello de Monforte súmase este xoves xoves ó Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar, incluído o ciberacoso, e para elo a Torre da Homenaxe de San Vicente iluminarase de cor azul.

Publicado o

POR
Monforte
- Advertisement -

A UNESCO instaurou en 2020 este día, o primeiro xoves de novembro, dado o crecente aumento de casos deste tipo en centros educativos de todo o mundo. Neste senso, o Alcalde, José Tomé Roca indica que “dende o Concello de Monforte, sumámonos esta iniciativa, facéndoa así extensiva a toda a cidadanía, iluminando para elo de cor azul a Torre da Homenaxe, pois a violencia e o acoso escolar, son frecuentes e afectan a numerosos nenos e adolescentes, e atenta directamente contra os seus dereitos así como a súa saúde e benestar”.

A UNESCO fai un chamamento ós Estados Membros, asociados das Nacións Unidas, outras organizacións internacionais e rexionais interesadas, así como á sociedade civil, incluídas as organizacións non gobernamentais, ás persoas interesadas a prestar axuda na promoción, organización e celebración deste día internacional.

Este día ten como obxectivo sensibilizar ás persoas a escala mundial achega do problema da violencia en liña e o ciberacoso, as súas consecuencias e a necesidade de poñerlles fin. Tamén fai un chamado ós alumnos, ós pais, e demais membros da comunidade educativa, ás autoridades encargadas da educación e ás diversos sectores e asociados, incluído o sector das tecnoloxías, a poñerlle atención a este problema para incitalos a contribuír á prevención da violencia en liña, con miras a garantir a seguridade e o benestar de nenos, nenas e novas, xa que provoca terribles secuelas psicolóxicas.

Na sección da páxina web municipal da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte está colgada documentación sobre o ciberbullying e pautas coas que poder orientarte no caso de ser vítima deste tipo de violencia.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...