HomesociedadeCurso sobre avicultura artesanal coa Galiña de Mos o 12 de novembro...

Curso sobre avicultura artesanal coa Galiña de Mos o 12 de novembro en Monforte

A formación celebrarase o vindeiro sábado, 12 novembro, no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos en horario de 9,30 a 14,30 e de 16,00 a 21,00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A AGACAL organiza un curso en Monforte de Lemos sobre avicultura artesanal coa raza Galiña de Mos e comercialización das súas producións. O curso celebrarase o vindeiro sábado, 12 novembro, no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos en horario de 9,30 a 14,30 e de 16,00 a 21,00 horas.

O obxectivo desta formación é que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios sobre a posta en marcha e funcionamento dunha granxa avícola artesanal, así como da comercialización do seu produto. Ademais, trataranse os requirimentos técnicos e sanitarios, centrados sobre todo na raza Galiña de Mos.

Esta formación está dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

Nesta páxina pode atoparse o referido curso e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.gal.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...