HomeCultura"Morte accidental dun anarquista", o día 10 no Multisos de Monforte

“Morte accidental dun anarquista”, o día 10 no Multisos de Monforte

Dentro do Ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta, este xoves 10 de novembro, ás 20:15 no Edificio Multiusos terá lugar a posta en escena da obra para adultos Morte accidental dun anarquista, da compañía Talía Teatro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Morte accidental dun anarquista” é unha obra escrita por Darío Fo, dirixida por Cándido Pazó. No elenco artístico con Toño Casais, Diego Rey, Marta Ríos, Dani Trillo, Artur Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto. A obra está dirixida ao público adulto, cun prezo de 5 euros a entrada xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

Podemos considerar que Darío Fo é xa un clásico teatral dos últimos tempos. Nos clásicos, as portas están sempre abertas a novas visitas: dos creadores e do público. Cincuenta anos despois de ser escrito, este sainete político, esta disparatada pero reflexiva comedia, segue aportando sons que, dun xeito máis ou menos directo ou metafórico, reverberan aínda nos muros da actualidade..

A seguinte obra do ciclo de teatro será 1888. A señorita Xulia da compañía Estudo Momento que terá lugar o xoves, 24 de novembro no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...