HomesociedadeA exposición 'Inmarcesibles' chega a Sarria

A exposición ‘Inmarcesibles’ chega a Sarria

Trátase dunha exposición itinerante que versa sobre a beleza real feminina que impulsa o Concello de Sober a través dos seus servizos sociais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

‘Inmarcesibles’, exposición que convida a reflexionar sobre a exclusión invisible que experimenta o sexo feminino cando falamos do seu físico, xa se pode ver en Sarria ata o 20 de novembro –en horario de 9:15 a 14:00 h.– na Antiga Prisión Preventiva, lugar que acolle agora a oficina municipal de turismo.

Respecto a esa ‘exclusión invisible’ a mostra quere facernos reflexionar porque nela ensinan que o corpo da muller debe ser o máis parecido posible ao canon de beleza establecido, loitando para conseguir encaixar neses parámetros e rexeitando se non o logran; e invisible porque dita ensinanza non se transmite de forma directa, pois é silenciosa e sutil, maquillándose baixo a premisa de que a muller debe ser libre e ten que estar preocupada por unha axeitada saúde física e mental. Para conseguir este obxectivo, contouse coa participación libre de diversas mulleres que quixeron mostrarse tal e como son, defendendo todo tipo de corpos femininos e reivindicando a súa aceptación.

‘Inmarcesibles’ é unha exposición itinerante, impulsada desde Servizos Sociais do Concello de Sober con financiamento do Ministerio de Igualdade. Foi un proxecto do Concello de Sober elaborado por medio do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, polo que se pretende realzar a auténtica beleza, mostrando o sexo feminino tal e como é, e non como pretenden que sexa. As fotografías son de María Fernández.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...