HomesociedadeO colexio Escolapios de Monforte, campión en ciberseguridade

O colexio Escolapios de Monforte, campión en ciberseguridade

O colexio Escolapios de Monforte quedou campión na final do concurso "Ciberseguridade no Cole" (categoría de Secundaria) celebrado esta xoves na Cidade da Cultura de Santiago.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este concurso é organizado por Telefónica no marco do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal. Esta convocatoria contou con grande éxito, con máis de 100 colexios rexistrados. Os Escolapios xa foi gañador da edición do ano pasado nesta mesma categoría.

O equipo vencedor estivo formado polos alumnos, Luis Manuel Pérez Medina e Rubén Pereira Cagide, e titorizados polo profesor, Javier Saco Fernández. Como resultado o alumnado no día a día sabe mellor como protexerse na internet.

No encontro Ciber.gal, Cátedra R e Gradiant organizaron un Capture The Flag que puxo a proba os coñecementos e habilidades dos participantes no campo da ciberseguridade. A Cátedra R impartiu tamén un taller sobre a análise forense de imaxes manipuladas.

Escolapios ciberseguridade / colexio Escolapios

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...