HomesociedadeO 17 de novembro taller práctico en Monforte de consulta do rexistro...

O 17 de novembro taller práctico en Monforte de consulta do rexistro oficial de produtos e material fitosanitario

A acción formativa celebrarase no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte en horario de 9,45 a 14,30 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A AGACAL organiza un taller práctico de consulta do Rexistro Oficial de Produtos e Material Fitosanitario, o vindeiro xoves 17 de novembro no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos en horario de 9,45 a 14,30 horas.

O taller ten como obxectivo que os alumnos fagan un uso correcto do caderno de explotación para garantir a trazabilidade dos produtos agroalimentarios e conseguir que saian ao mercado nas condicións esixidas pola normativa. Tamén, abordará os límites máximos de residuos que impón a Comisión Europea con respecto á seguridade alimentaria para asegurar o cumprimento da lexislación vixente nesta materia.

Esta formación está dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

Nesta páxina pode atoparse o referido curso e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.gal.

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...