HomeCulturaFolgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela terán no 2023 Biblioteca...

Folgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela terán no 2023 Biblioteca Móbil

Para a posta en marcha deste programa, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades seleccionou concellos de condicións demográficas similares, que carecen de servizo bibliotecario nestes momentos ao non ter a obriga legal de contar con el. Na zona sur da provincia son Folgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería porá en marcha a principios do vindeiro ano un proxecto piloto de biblioteca móbil en dez concellos lucenses das comarcas dos Ancares, A Fonsagrada e Sarria.

O obxectivo é prestar un servizo bibliotecario de calidade e versátil nestas áreas caracterizadas pola escasa entidade de poboación ou pola dispersión territorial. Unha furgoneta recalará dous días ao mes en cada concello, un deles na capitalidade e o outro en ruta por algunhas parroquias.

Responsables da Consellería reuníronse estes días cos alcaldes na Delegación Territorial de Lugo para explicarlles a iniciativa e comezar a concretala; son os concellos os que elixen as datas nas que queren contar co servizo no municipio e as rutas a seguir.

A Xunta está a tramitar a adxudicación do contrato do servizo das dúas bibliotecas, para Lugo e Ourense, que supón un investimento total de 208.000 euros distribuídos practicamente a partes iguais.

Próximamente a Consellería asinará o contrato de colaboración cos concellos, polo que o Goberno galego asume este servizo e as administracións locais prestan apoio loxístico e funcional na definición das rutas e facilitando a instalación en espazos físicos, como recintos feirais ou outro tipo de infraestruturas municipais. O programa realizarase en colaboración coas administracións locais, entidades prestadoras de servizos sociais e educativos, tecido asociativo e o público xeral, polo que terán cabida actividades en centros municipais, casas niño ou centros de maiores, entre outros.

Múltiples servizos

A biblioteca móbil parte cunha colección de 500 títulos, que inclúen libros, películas, música, xogos físicos e dixitais, ou publicacións periódicas como revistas; pero da acceso ao catálogo doutros centros bibliotecarios de ámbito provincial ou autonómico, que se poden achegar a demanda.

Atenderá os servizos básicos de calquera biblioteca: expedición de carnés de usuario, préstamo e devolución, formación de usuarios no manexo do catálogo en liña e GaliciaLe (a biblioteca de préstamo dixital de Galicia), servizo de referencia bibliográfica, especialmente para buscas en Internet, ou prescrición de contidos e recomendacións de lectura.

Atenderá especialmente aos servizos de alfabetización dixital para as persoas usuarias co obxectivo de reducir a fenda dixital e promoverá o acceso á lectura e á cultura a través das adecuadas accións de dinamización lectora, e levaranse a cabo accións de difusión para dar a coñecer o servizo e achegalo ao público destinatario.

ÚLTIMAS

Falece o octoxenario ferido por quedar atrapado baixo unha rozadora

O home octoxenario ferido o pasado luns tras quedar atrapado baixo unha rozadora en...

En marcha a humanización da Praza Luis García Arias en Chantada

Co mes de setembro deron comezo as anunciadas obras de mellora da Praza Luis...

Monforte saca a licitación a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte...