HomesociedadeO 23 de novembro curso en Monforte sobre principios de podoloxía en...

O 23 de novembro curso en Monforte sobre principios de podoloxía en pequenos rumiantes

A formación, que promove AGACAL, celebrarase no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos o vindeiro mércores 23 de novembro en horario de 10,00 a 13,00 e de 16,00 a 20,00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo desta formación é que os alumnos obteñan os coñecementos necesarios acerca dos principais problemas da podoloxía dos pequenos rumiantes, tanto das súas posibles causas como dos seus tratamentos, para que poidan  realizar unhas boas prácticas neste eido e paliar ou resolver moitos dos problemas que se atopan as persoas titulares das explotacións gandeiras con respecto á saúde das patas do gando ovino e cabrún.

Este curso está dirixido á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

Nesta páxina pode atoparse o referido curso e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a  ceca.monforte@edu.xunta.es.

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...