HomePolíticaIsaac Lamas non repite como candidato do PP de Ribas de Sil...

Isaac Lamas non repite como candidato do PP de Ribas de Sil para as municipais

O portavoz do Grupo Municipal Popular de Ribas de Sil, Isaac Lamas, anunciou nunha reunión con afiliados da agrupación local celebrada este martes a súa intención de non repetir como candidato nas vindeiras eleccións municipais de maio do 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lamas é concelleiro dende o ano 2011 e continuará ata o remate deste mandato como voceiro do Grupo Municipal Popular “exercendo o meu labor como concelleiro e atendendo ás responsabilidades como representante dos veciños na corporación municipal”. Nese sentido, traslada o seu agradecemento aos veciños polo seu apoio e ao Partido Popular da provincia “pola confianza que depositaron en min durante 11 anos. É momento de renovación e tanto a agrupación local coma a provincial contarán coa miña colaboración”.

A dirección provincial amosa o seu agradecemento “polo seu traballo defendendo os intereses dos veciños e polo seu compromiso co Partido Popular da provincia ao que leva vencellado dende que tiña 21 anos”.

En próximas datas os populares nomearán á persoas encargada de presidir un equipo que deberá traballar para chegar forte ás vindeiras eleccións municipais.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...