HomePolíticaO PP de Monforte reivindica a provisión de prazas de especialistas no...

O PP de Monforte reivindica a provisión de prazas de especialistas no Hospital monfortino

O Partido Popular de Monforte presentará unha moción no pleno municipal do próximo luns, día 28, para solicitar á Corporación o apoio á proposta de que nas futuras ofertas públicas de emprego se inclúan as prazas vacantes de médicos no Hospital Comarcal de Monforte, considerado como un dos centros de difícil cobertura de persoal médico na provincia de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP insta ao alcalde, José Tomé, como máximo respresentante do Partido
Socialista na cidade e na provincia de Lugo, a que solicite ao Goberno central que asuma as súas competencias para solucionar o problema de falta de facultativos no centro hospitalario monfortino.

A portavoz do PP de Monforte, Katy Varela, recorda que “é preciso ter en conta a recentemente aprobada Lei de Medidas Extraordinarias para prazas de difícil cobertura, impulsada pola Xunta de Galicia, que permitirá asegurar a cobertura dos postos vacantes no centro hospitalario da capital de Lemos. Esta lei habilita ao Goberno galego para cubrir sen oposición, a través dun concurso de méritos, aquelas prazas de especialidades médicas de difícil acceso neste hospital e no resto dos centros comarcais de Galicia.”

Katy Varela, fai especial fincapé en que o obxectivo principal desta moción e axudar a mellorar a situación que vive o Hospital Comarcal Público de Monforte e, neste sentido, fai tamén un chamamanto ao PSdeG e BNG de Monforte para que xustifiquen a súa posición e se sumen a esta proposta que, segundo os populares, axudará a resolver a problemática de persoal médico no hospital comarcal.

A Xunta de Galicia aprobou a Lei 1/2018, do 2 de abril que establece que o
Sistema Público de Saúde de Galicia ordénase territorialmente en áreas sanitarias, distritos sanitarios e zonas sanitarias. Segundo os populares estas medidas garantes e existencia e permanencia dos sete hospitais comarcais de Galicia no seu ámbito xeográfico.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...