HomeMedio ambiente e PatrimonioAs riquezas dos mosteiros de Paradela nun libro de Ángel Fernández

As riquezas dos mosteiros de Paradela nun libro de Ángel Fernández

O libro “Os mosteiros de San María de Castro de Rei e San Facundo de Ribas de Miño” preséntase este mércores día 10 ás 20.30 no centro socio cultural de Paradela.

Publicado o

- Advertisement -

O autor do libro,  o profesor Ángel Fernández López, natural de Paradela, concello do que é Fillo  Predilecto, é tamén o responsable dos libros “El Monasterio cisterciense de Santa María De Castro De Rey”, “Paradela no tempo e vínculos con Portomarín”, e “Portomarín, anacos da súa historia”.

Os mosterios protagonistas deste novo libro son verdairas xoias da arquitectura no territorio da Ribeira Sacra. O conxunto de San Facundo de Ribas de Miño, formado polo templo parroquial e a casa reitoral, foi delclarado Monumento de Interese Nacional no 1982. O mosteiro de Santa María de Castro de Rei de Lemos fundouse no século XII, sendo inicialmente un mosteiro benedictino. Conserva restos de pinturas do século XV e comezos do XVI. Como curiosidade, na súa cruz parroquial ten una valiosa xoia de prata dun metro de lonxitude que data do 1730.

A publicación que se presenta este mércores está patrocinada polo Concello de Paradela, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia. A presentación do libro correrá por conta do xornalista Xulio Xiz e participarán os representantes das institucións copatrocinadoras: Sonsoles López Izquierdo, Deputada, pola Deputación Provincial de Lugo; Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística, pola Xunta de Galicia, e José Manuel Mato Díaz, Alcalde do Concello de Paradela.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...