Homesociedade"O Ribeirao", voceiro da Federación de Asociacións da Ribeira Sacra

“O Ribeirao”, voceiro da Federación de Asociacións da Ribeira Sacra

A Federación de asociacións da Ribeira Sacra celebraba esta fin de semana asemblea no concello do Saviñao e presentábase O Ribeirao, unha publicación que xerou a posiblidade dunha revista periódica que recolla estudos sobre a Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta V Asemblea a asociación presentou as conclusións das primeiras xuntanzas das diferentes mesas de traballo que se impulsaron desde a anterior asemblea en Sober. Estas mesas son as de Benestar e Igualdade, Participación, Patrimonio e Lingua e Territorio e Rural Vivo. Sinalan desde a Federación que estes grupos de traballo están mapeando necesidades e alternativas que cómpre socializar. A inscrición ás mesas continúa aberta “agradecendo desde perfís científicos ata voluntariado, xa que o labor é inxente”, animan.

Coa vocación de expansión e proxección exterior editan O Ribeirao, e da asemblea naceu a proposta de impulsar unha revista con estudos sobre a Ribeira Sacra. Ábrese un período de emendas ata o 31 de marzo de 2023 para a primeira proposta de regulamento interno que presenta a Federación. Agárdase aprobalo na vindeira xuntanza en Nogueira de Ramuín.

Atendendo ás problemáticas locais, a Federación demanda ao Concello do Saviñao e a Vodafone a retirada de dúas antenas de telefonía móbil no barrio de Mondavide, Aseguran, “o incremento de casos de cancro convida a que, sen evidencias concluíntes nun ou outro sentido sobre os campos electromagnéticos, deba primar o denominado principio de precaución do ordenamento xurídico europeo, que se aplica nomeadamente nos casos de perigo de para a saúde pública.”

ÚLTIMAS

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...