HomesociedadeAbrir os servizos hixiénicos do albergue de Diomondi a todos os peregrinos,...

Abrir os servizos hixiénicos do albergue de Diomondi a todos os peregrinos, solicita a AV do Saviñao

A Asociación veciñal do Saviñao diríxese á S.A. de Xestion do Plan Xacobeo (Conselleria de Turismo) coa intención de solicitar o uso público dos servizos hixiénicos do albergue Aida Menéndez de Diomondi.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A igrexa románica de Diomondi, declarada Ben de Interese Cultural, recibe numerosas visitas pola súa importancia arquitectónica. Ademais, comeza a ser numeroso o número de peregrinos que fan o Camiño de inverno e transitan por alí.

O albergue está situado no Pazo obispal, un edificio contiguo á igrexa, “parece lóxico que as persoas que visitan o templo románico poidan usar os servizos sanitarios do albergue”, sinala a asociación, “non obstante, a nosa asociación recibiu queixas de visitantes aos que se lles negou o acceso a estas instalacións.”

Dado que o albergue é un edificio público que forma parte da rede do Camiño de Santiago e que non existen outros servizos hixiénicos nos arredores, a AV considera que se lles debe permitir o acceso ás súas instalacións sanitarias ás persoas que se achegan á igrexa de Diomondi, o que contribuirá a manter a limpeza no entorno do conxunto monumental.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...