HomesociedadeMonforte presenta o seu Nadal

Monforte presenta o seu Nadal

A Concelleira de Cultura, Marina Doutón, presentou a Programación do Concello de Monforte para este Nadal 2022-2023, dentro da recuperación da normalidade, “como así fomos facendo ó longo de todo o ano co Entroido, coa Feira Medieval, co Festival do Viño ou coas Festas Patronais”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade de Nadal iniciarase coa convocatoria do Concurso de Beléns para centros de ensino da cidade. Os máis pequenos da casa poderán volver a participar un ano máis no xa tradicional certame de poesía infantil “Nadal 2022”, da Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro.

Durante 3 fins de semana, o protagonista na Praza de Abastos será o Mercado de Nadal-Circuítos de Artesanía e Música Galega. Así, desenvolverase as fins de semana do 10 e 11, 17 e 18, 23 e 24 de decembro de 2022. Nel, ademais do mercado tamén haberá diversas actividades culturais e musicais de entretemento co obxectivo de presentar unha oferta cultural, musical e gastronómica nun ambiente navideño. A programación específica do Mercado darase a coñecer nos vindeiros días.

Contarase na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro co Belén a cargo de J. Antonio Davila e como xa é tradición, a Asociación Albores é a encargada da decoración navideña do vestíbulo da Casa do Concello. A 22ª Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino terá lugar o 15 decembro as 6 da tarde no Edificio Multiusos.

O tradicional Festival Nadal 2022, correrá como todos os anos a cargo do Conservatorio Municipal e celebrarase o 22 decembro ás 20:00 h no Edificio Multiusos. O Concerto de Corais Nadal 2022 será o 23 decembro ás 20:00 h na Igrexa Nosa Señora da Antiga coa actuación da Coral Aurea Canta, de Ourense, e a Coral Polifónica Concello de Monforte.

O Apalpador visitará as rúas da cidade e a zona dos mercados-Praza de Abastos durante a mañá do sábado 24 de decembro.

Espectáculos para toda a familia

O teatro terá tres citas protagonistas, todas elas na Casa Cultura Poeta Lois Pereiro, e a cargp de grupos afeccionados de Monforte:

  • O crime de Lady Sibila” do grupo de teatro Teatreiras, o 10 de decembro ás 19:30 h. 
  • Perfectos descoñecidos” do grupo de teatro Viraventos , o 17 de decembro ás 19:30 h.
  • E o 4 de xaneiro ás 20:00 h un monólogo con Tito Rober. 

Especialmente dirixido a público infantil e familiar o programa de Nadal inclúe:

  • O espectáculo de maxiaAlquimia” do Mago Teto, o 4 decembro ás 18:00 h no Edificio Multiusos.
  • E o espectáculo familiarFilipa cos contos”con Fran Campos, o 4 xaneiro ás 18:00 h na Casa Cultura.

Como actividade novidosa, o Concello inclúe no programa deste ano un concerto para bebés titulado “Son no berce”, de A Cova das Letras, que se celebrará o 27 decembro, con dúas sesións, ás 17:00 e 17:30 h, no  Edificio Multiusos e para o que será necesaria inscrición previa. Outros concertos deste Nadal serán o da Banda de Música de Chantada, o 26 decembro ás 20:00 h na Casa da Cultura e o de Camerata Arven e o Ballet de Galicia, con Diego Landín del Rio e Erick Pegueros Rodríguez, organizado pola Sociedade Filarmónica en colaboración co Concello de Monforte, para o 28 decembro ás 20:00 h na Casa da Cultura.

Cabalgata de Reis

Un dos días máis agardados será o xoves, 5 de xaneiro, no que os Reis Magos de Oriente chegarán á estación de ferrocarril de Monforte sobre as 17:30 horas.

O desfile de Carrozas Reais e da súa comitiva comezará ás 18:30 horas dende a Praza da Estación ata chegar ó Concello, á praza Campo de San Antonio. Un pouco máis tarde, ás 19:30 h.,  As Súas Maxestades lerán o seu discurso dende o balcón da Casa Consistorial e recibirán ós nenos e nenas en recepción oficial.

“Un ano máis”, concluíu Marina Doutón, “dende o Equipo de Goberno do Concello, ideamos un completo e variado programa de actividades de Nadal, co obxectivo de que os monfortinos e monfortinas  vivan con alegría e ilusión estas festas, e tamén para contribuír a dinamizar os nosos sectores produtivos, especialmente a hostalería, o comercio e o turismo”.

ÚLTIMAS

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...