HomesociedadeComeza a instalación da nova tubaxe na rede xeral de abastecemento de...

Comeza a instalación da nova tubaxe na rede xeral de abastecemento de Monforte

O Alcalde salienta que “esta actuación suporá un antes e un despois na mellora da rede xeral de abastecemento de auga de Monforte”, e recorda que “con esta obra resolveremos un problema moi importante, xa que vai garantir que Monforte non se quede sen auga potable”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns, 28 de novembro, deron comezo os traballos de instalación da nova tubaxe na rede xeral abastecemento de Monforte. O inicio das obras ten lugar na zona do Campo de fútbol de Ribasaltas, e non implicarán, polo momento, afección as rúas polas que se instalará a nova tubaxe, é dicir, nestas actuacións iniciais non está previsto o corte de rúas nin na rede de subministro. A obra irá avanzando en dirección á cidade, dende os depósitos do Cornado.

O rexedor monfortino asinara no pasado mes de xullo coa empresa FCC Aqualia S.A., un preacordo para executar as obras do proxecto denominado “Desdobramento da rede xeral da distribución de Monforte”, proxecto que consiste na dotación dunha nova tubería xeral de fundición na rede de abastecemento de auga, entre os depósitos do Cornado e os depósitos de San Vicente, cun investimento de 1,7 millóns de euros.

O acordo asinado polo Alcalde coa Aqualia, obedece á execución do cumprimento parcial da sentenza nº 269/2021, de 30 de decembro,  do Xulgado Contencioso-Administrativo nº 1 de Lugo, na que se ordenou á empresa Aqualia a execución de inversións incluídas no seu Plan de Investimentos para o Concello de Monforte, por un importe de 1.671.671,22 euros, que sumando os intereses de demora, ascende a 1.784.831,44€.

O proxecto que acomete Aqualia denomínase Desdobramento da rede xeral da distribución de Monforte e consiste na construción dunha nova tubería xeral na rede de abastecemento, de fundición, entre os depósitos do Cornado e os depósitos de San Vicente.

“Deste xeito, teremos desdoblada a Rede Xeral de Abastecemento, dado que teríamos 2 tubaxes, a actual e a nova tubaxe, e así evitamos as reiteradas roturas na actual tubaxe de fibrocemento, xa que a nova de fundición é moi difícil que teña unha avaría deste tipo”, explicou no seu momento o Alcalde.

Ademais, engadiu José Tomé, “a estas dúas posibilidades de abastecemento hai que sumar unha terceira, xa que nas proximidades de Juan Montes, xa foi construído un bypass para conectar a antiga traída de Pacios de Veiga”.

O Alcalde salientou que “con esta obra resolveremos un problema moi importante, xa que vai garantir que Monforte non se quede sen auga potable. Hoxe é un día moi importante, porque sen renunciar a nada, damos o primeiro paso para cumprir os compromisos pendentes que establece o contrato entre Aqualia e o Concello”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...