HomePolítica"Non aceptaremos que o centro de saúde quede cun único médico", asegura...

“Non aceptaremos que o centro de saúde quede cun único médico”, asegura o PSOE do Incio

O PSOE do Incio presentou varias iniciativas ao último pleno, relacionadas con sanidade, abastecemento, urbanismo e orzamentos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE presentou un rogo para que o Goberno
Local actúe e dote de auga potable ao núcleo de Pacios, pertencente á
parroquia de San Salvador. Unha aldea que sofre a carestía de auga, tendo os veciños/as que transportar auga para o consumo domiciliario.

Os socialistas do Incio tamén se interesaron polas xestións que o
Alcalde fixo perante a Consellería de Sanidade, de cara a necesidade urxente de que se cubra a vacante que vai quedar libre no centro de sáude do Incio, debido á xubilación dun dos médicos. Os socialistas
rexistraron o 19 de novembro un escrito no Concello alertando ao Alcalde desta situación, “Seguiremos vixíantes os pasos do goberno galego e non
aceptaremos que o centro de saúde quede cun único médico. Loitaremos para que os veciños e veciñas do Incio teñan un dereito asistencial de calidade”.

Como cada pleno ordinario, dende que comenzou o mandato, o PSdeG-
PSOE do Incio preguntou polos avances na modificación do PXOM e a dataque se baralla para a súa aprobación provisional polo pleno. “Levamos máis de once anos coa tramitación da modificación do PXOM. É necesario aprobalo o antes posible e responder a unha demanda histórica dos veciños e veciñas do Incio”.

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE tamén se interesou pola data na
que o equipo de goberno presentará ao pleno para a súa aprobación o
orzamento do 2023, pola convocatoria das prazas do servizo de axuda no fogar afectadas polo proceso de estabilización e polo avance dos traballos na renovación das instalación de iluminación exterior no Incio.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...