HomesociedadeA acusada de tentar matar aos seus dous fillos menores de idade...

A acusada de tentar matar aos seus dous fillos menores de idade en Monforte asegura no xuizo que foi un erro e se arrepinte

Os feitos aconteceron na noite do 23 de setembro do 2009, cando a acusada   MI.D.P.,  se deitou na cama cos seus dous fillos menores, despois de abrir todos os mandos da cociña de butano e da bombona, co obxectivo de provocar a morte dos cativos e suicidarse a acusada, segundo conclúe a Fiscalía.

Publicado o

- Advertisement -

Na noite do 23 de setembro do 2009, a acusada enviou unha mensaxe ao seu marido. O texto dicía ‘Am going to kill d childs and am going to kill me. U can feel free 4 de rest of ur life’ (‘Vou matar aos nenos e voume suicidar. Podes sentirte libre para o resto dos teus días’). O home alertou ao 112 e a Policía Nacional desprazouse á vivenda onde atopou á acusada cos nenos na cama e o butano aberto, chegando a tempo de que non sucedera o tráxico final.

O xuizo por aqueles feitos celebrábase este mércores 10 de outubro na Audiencia Provincial de Lugo. No inicio do xuizo, a acusada declarou que non tiña intención de facerlles dano e que se arrepentía cada día. Recoñeceu abrir os mandos do gas coa intención de chamar a atención da súa parella.  Segundo a Fiscalía,  os feitos son constitutivos de dous delitos de homicidio en grao de tentativa, polo que pide por cada un, a pena de prisión de dous anos e tres meses. A Fiscalía pide tamén para a acusada a privación da patria potestade, a prohibición de achegarse a menos de 300 metros dos nenos ou da súa vivenda por 4 anos e o internamento da acusada nun centro durante 12 meses.

A muller estaba diagnosticada dun trastorno depresivo crónico de tipo neurótico e un trastorno límite da personalidade. Segundo a Fiscalía, no momento dos feitos, a muller atopábase emocionalmente inestable e coas facultades afectivas, cognitivas e volitivas parcialmente alteradas. A avogada da defensa, María José González, pide a libre absolución, asegurando que a acusada estaba nun momento de moita tensión e cometeu un erro que non tivo consecuencias para os nenos. Asegura que a acusada leva 9 anos tentando retomar a relación cos seus fillos e restaurar o erro.

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Festa da Carne ao Caldeiro’ de Castro de Carballedo

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e as responsables da organización,  Hita...

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Atopan unha persoa falecida no interior dun coche que se saiu da vía en Sarria

Unha persoa perdeu a vida tras incendiarse o seu vehículo despois de saírse da...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...