En Segredos de Pantón teñen unha axenda de actividades moi completa. Unha delas, con moito éxito por certo, é o certame fotográfico no que buscan premiar as mellores instantáneas que retraten paisaxes outonoais e invernais do Concello de Pantón.
As fotografías a concurso poderán mandarse ata o 31 de decembro, para a continuación abrirse un prazo de votación ata o 6 de xaneiro.
BASES COMPLETAS DO CONCURSO
1. TEMÁTICA
As fotografías deben reflectir paisaxes outonais e invernais de Pantón exclusivamente.
2. PARTICIPANTES
Calquera persoa amante de Pantón e da fotografía, os menores deberán de ter unha autorización correspondente dos seus titores legais.
3. OBRAS E TEMÁTICA
Cada participante poderá enviar só unha imaxe en cor que deberá ser autoría súa e que non fora premiada con anterioridade. De non ser así quedaría automaticamente descualificada ao sabelo e poderá retirárselle o premio de telo conseguilo.
A temática será libre. Non se aceptarán fotografías pintadas ou manipuladas, montaxes, nin collages.
4. PRESENTACIÓN
As obras poderán enviarse por whatsapp (662 669 223) ou po correo electrónico a segredosdepanton@gmail.com
Cómpre indicar o nome da fotografía, o lugar e o nome da parroquia onde foi tomada.
6. PRAZO
O prazo de envío das imaxes dará o comezo o día 1 de decembro e rematará o 31 deste mesmo mes (2022). O día 6 de xaneiro de 2023 ás 17:00 horas rematará o prazo de votación.
7. XURADO
O xurado será a propia xente que vote no Doodle para que todo o mundo con redes sociais ou sen elas poidan votar.
Así igualmente tódalas imaxes serán subidas ao álbum “V Concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón”. As 3 instantáneas con máis votos serán as agraciadas. De darse un empate serán os membros do colectivo Segredos de Pantón os que desempatarán.
8. PREMIOS
1º PREMIO: Cesta con: Estancia e experiencia agroturística en “Fogar do Pumar”, 1 paseo en zodiac para 2 pers. de “Turismo Pantón”, 2 botes de mel do “Noso Mel”, unha mochila de pic-nic de “Arribeirados”, 1 lote de produtos de “Casa da Fonte”, 1 pixama de “Rosal Moda” e unha masaxe de “Noelia Sánchez-Quiromasaxista e adestradora persoal”, un vale de 50€ para “La Moderna”, un lote de decoracións artesanais de “Felt Decor”, 1 bote de mel “O Garuleiro” e 2 botellas de “Adega Sernande”.
2º PREMIO: Cesta con: Unha noite para 2 persoas con almorzo na “Rectoral de Castillón”, un bote de marmelada e unha salsa picante de “Tutta Fruta”, unhas luvas de “Rosal Moda”, 1 botella de “Alma das Donas”, 1 botella de “Adega Sernande”, unha carteira de “Asesoría O Castro”, 1 bote de mel de “Mel da Caseira”, un vale para un xogo para 6 persoas en “El secreto del monje”, 1 bote de mel de “Ouro das Obreiras” e unha masaxe de “Noelia Sánchez-Quiromasaxista e adestradora persoal”.
3º PREMIO: Cesta con: Unha estancia para dúas persoas no “Ecolagar O Barqueiro”, unha mochila de algodón de “Teresa Lamela”, 1 lote de produtos de cosmética natural de “O fogar dos soños”, un paraugas e unha bufanda de “Rosal Moda”, 1 botella de “Alma das Donas”, 1 bote de mel de “Mel da Caseira”, 1 libro de “Estudio Gnomo”, un lote de produtos de Pantón (viño, embutidos, doces e zumes) de “Xestogal SCG”, 1 bote de mel de “Ouro das Obreiras” e unha masaxe de “Noelia Sánchez-Quiromasaxista e adestradora persoal”.