HomeComarca de ChantadaChantadaComezou o 'Chantapas'

Comezou o ‘Chantapas’

O certame de tapas de Chantada empezou esta fin de semana e terá continuidade a vindeira, os días 9, 10 e 11 de decembro. Nesta edición participan sete establecementos do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concurso de tapas de Chantada –Chantapas– desenvólvese en dúas quendas. Unha primeira que comezou o pasado venres 2 de decembro e que remata este domingo 4, e unha segunda, que terá lugar do 9 ao 11 de decembro, na vindeira fin de semana.

Nesta ocasión, a participación baixou respecto doutros anos e serán sete os establecementos que participen: A Viñoteca, Café Cantón, Carballeira, AdaRosa Tapería, Garden Bar, La Cervecería e Bar Mánix.

Segundo nos informan da Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra, os gañadores, tres dos anteriores locais, serán seleccionados por un xurado profesional segundo determinados aspectos.

Valoración do xurado nunha edición anterior. Foto: Asoc. Comerciantes.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

-Elaboración e dificultade á hora de elaborar a tapa (0 a 10 puntos)

-Sabor (0 a 10 puntos)

-Presentación (0 a 10 puntos)

-Relación calidade-prezo (0 a 10 puntos)

-Calidade prestada no servizo-atención (0 a 10 puntos)

-Maridaxe – tapa (0 a 10 puntos)

LOCAIS E TAPAS QUE PRESENTAN

A Viñoteca preséntase coa elaboración: “Tosta de queixo Arzúa-Ulloa con carrilleiras estofadas piparras encurtidas e redución de mencía”.

O Café Cantón coa tapa “Chupito á galega”

Carballeira con “Pastel de Pataca”.

AdaRosa Tapería con “Risoto de outono”.

Garden Bar convida a probar “O guiso da avoa”.

La Cervecería participa coa tapa “Cocido á italiana”.

E Bar Mánix con “Marea laranxa”.

ÚLTIMAS

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...