HomeCulturaMúsica, baile tradicional e cantos de taberna en Taboada

Música, baile tradicional e cantos de taberna en Taboada

O 27 de outubro celébrase a II Foliada e Cantos de Taberna,  mentres a  A.C. Os Rechouchíos e A.C. Os D' Eiqui teñen prazo aberto para inscribirse nas súas actividades.

Publicado o

- Advertisement -

O día 13 de outubro comezan as clases das actividades das asociacións culturais Rechouchíos e Os DEiquí. Haberá  gaita e percusión, pandeireta e baile tradicional, todos os sábados, tanto para adultos como para infantil. As asociacións organizadoras animan aos interesados a probar as actividades de balde no mes de outubro.

A asociación cultural Os Rechouchios organiza a II Foliada e Cantos de Taberna. A cita será o 27 de outubro desde as 18.00 h da tarde, coa xuntanza dos grupos participantes na Alameda para comezar  o pasarrúas. Ás 19.00 comezarán os cantos de taberna e ás 23.00  a foliada. Desde a asociación convidan á participación da xente e animan a que cada quen leve os seus instrumentos.

ÚLTIMAS

A asociación Prodeme representará ao Río Breogán na ‘Copa Campeones’ da Fundación ACB

A Asociación PRODEME de Monforte de Lemos dará un novo paso na súa traxectoria...

Adxudícase por 400€ mensuais o servizo de cafetería do complexo deportivo da Pinguela

Previsiblemente a cafetería abrirá entre finais deste mes e principios de novembro, unha vez...

Unha excelente valoración da Xunta permítelle ao CCU de Monforte aumentar en 6.500 € unha subvención

A directiva prorrogada do CCU de Monforte vén de amosar a súa gran satisfacción...