HomesociedadeSober enche de actividades este Nadal

Sober enche de actividades este Nadal

Concertos, mercadiños, actividades para todos os públicos e a visita de Papá Noel e os Magos de Oriente son algunhas das propostas para este Nadal do Concello de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober fai pública a súa programación para estas datas, despois do concerto das Xuventudes Musicais e do mercadiño en Bolmente, estanse celebrando obradoiros de Nadal coas Merendas con Contos, a seguinte cita será o 16 de decembro ás 16.30. Xa o día 17 a escola de música ofrecerá un concerto de Nadal ás 18.00. E Papá Noel visitará o 22 de decembro o PAI de Sober e o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme.

Os días 27 e 28 a partir das 16.30 haberá Festa de Nadal con Hinchables no pavillón do colexio. E o 29 á mesma hora nas merendas con contos terán Nadal Musical con Lujie Prieto. O día 30, a partir das 18.00, contarase con Cantos de Reis co grupo local Trícole

Xa o día 4 de xaneiro ás 18.00 contarase cos Cantos de Reis do grupo Trícole e chocolatada. A programación de Nadal completarase o día 5 a partir das 12.00. Nesta xornada os Reis Magos de Oriente visitarán o centro sociocultural.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...