HomesociedadeEsta fin de semana cortarase a circulación ferroviaria entre Rábade, Monforte e...

Esta fin de semana cortarase a circulación ferroviaria entre Rábade, Monforte e Ourense por obras

Renfe habilita transporte por estrada para os pasaxeiros afectados

Publicado o

- Advertisement -

Renfe habilitará transporte alternativo por estrada aos usuarios de catro trens que circularán este fin de semana en diferentes servizos entre os municipios de Rábade, Monforte de Lemos e Ourense. Estes tramos veranse afectados o sábado 17 e o domingo 18 por obras de electrificación que realiza o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif).

En concreto, os traballos afectarán o tren de Media Distancia con saída de Monforte ás 7.11 da mañá e chegada á Coruña ás 10.12, cuxos pasaxeiros terán que ser transportados por estrada entre Monforte e Rábade. Ademais, outro Media Distancia con saída da Coruña ás 7.06 e chegada a Ourense ás 10.46 incluirá este transbordo entre Rábade e a cidade de Ourense.

O terceiro servizo afectado é a Media Distancia que sae de Ourense ás 19.40 e chega á Coruña ás 23,31, con transporte alternativo entre a cidade das Burgas e Rábade; mentres que o cuarto é o que sae da Coruña ás 19.45 e chega a Monforte ás 22.56, que terá transbordo por estrada entre Rábade e Monforte.

Iso si, os clientes que o desexen poderán anular os billetes ou cambialos sen custo adicional se as novas condicións de viaxe non se axustan ás súas necesidades. Non se admiten bicicletas nin animais de compañía nos traxectos por estrada afectados.

As obras que Adif realizará este fin de semana serán previos á instalación dos sistemas de electrificación, tanto na vía como na infraestrutura, neste caso do trazado Monforte-Lugo, cun investimento de 17 millóns de euros.

Estes traballos, explica o administrador, requerirán levantar a vía e outras instalacións en varios quilómetros do tramo e son incompatibles coa prestación do servizo ferroviario.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...