HomesociedadeTriacastela forma á veciñanza en compostaxe doméstica

Triacastela forma á veciñanza en compostaxe doméstica

O Concello de Triacastela celebrou este martes unha xornada de formación gratuíta en compostaxe doméstica para as persoas que se anotaron para recibir un dos 25 composteiros que vén de adquirir o Goberno local cunha subvención da Consellería de Medio Ambiente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña ‘Composta os teus residuos’ está ideada para a participación de 25 vivendas pertencentes preferentemente á zona rural, sendo a condición indispensable posuír un espazo de horta e/ou xardín no que colocar un composteiro.

Este martes recibiron información totalmente gratuíta na Fonte do Lunar para promover a reciclaxe de residuos orgánicos. Explicáronlles aos participantes na campaña o que precisan para facer compostaxe, o proceso, que residuos se poden compostar e cales non e os aspectos que condicionan o proceso da compostaxe. Tamén lles ensinaron cando está listo o compost e os seus usos e beneficios.

Esta iniciativa desenvólvese polo Concello de Triacastela en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU-, e complementa a outras iniciativas desta índole promovidas polo ente municipal.

Compostaxe Triacastela / concello de Triacastela

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...