HomeCultura"A USC Camiña" celébrase este luns no Multiusos

“A USC Camiña” celébrase este luns no Multiusos

Esta xornada celébrase durante o luns nas instalacións do Edificio Multiusos de Monforte, que na entrada conta cun espazo expositivo formado por stands das diferentes áreas académicas da USC dende os que se levaron a cabo obradoiros e demostracións encamiñadas a amosar ós alumnos a oferta de cada unha destas áreas. Mentres no auditorio desenvolvéronse conferencias e charlas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Servizos, José Luis Losada, e o Vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga, inaugurou na mañá de hoxe a mostra “A USC Camiña”, unha xornada de achegamento da oferta académica da Universidade de Santiago de Compostela ós estudantes de secundaria monfortinos.

Na súa intervención, o Alcalde agradeceu á Universidade de Santiago de Compostela que apostara por Monforte para celebrar este encontro entre os centros de secundaria e da propia universidade “que busca achegar a oferta académica desta Universidade ós alumnos e alumnas do ensino medio da nosa cidade, a fin de que poidan encamiñar a súa formación futura e a súa profesión, polo que espero que esta xornada lles serva de axuda”.

José Tomé tamén salientou a estreita colaboración do Concello e a USC, a través dos cursos de verán e para maiores de 50 anos que se organizan nos últimos anos en Monforte, e tamén destacou a aposta firme que como Presidente da Deputación fai polo Campus Terra de Lugo, a través dos investimentos que se levan a cabo na Granxa Gayoso Castro ou no Hospital veterinario Rof Codina.

O Alcalde concluíu sinalando que “co encontro que inauguramos hoxe, queremos achegar información sobre un deses posibles itinerarios formativos, que é a universidade, e en concreto a USC. Ó rematar a ensinanza secundaria, ábrense moitas vías, dende seguir estudando a través da formación profesional, facelo no eido universitario, ou incorporarse ó mercado de traballo. Por iso, so me queda animar ós nosos estudantes a que aproveiten hoxe para consultar calquera tipo de dúbida, e recoller toda a información que se lles vai proporcionar dende este espazo expositivo, a fin de que teñan as ferramentas e claves necesarias para poder tomar unha decisión unha vez rematen a súa formación na ensinanza secundaria”.

Xornada A USC Camina

Os stands inclúen a oferta das titulacións de Artes e Humanidades, Ciencias, Titulacións de Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais, Enxeñaría, do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, así como da área de Cultura da USC e do seu Servizo de Participación e Inclusión Universitaria.

Ademais, o auditorio do Multiusos acolleu durante toda a mañá diversas mesas redondas sobre as titulacións de Tecnoloxía, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Humanidades, coa participación de estudantes e profesores.

Tamén tivo lugar a conferencia titulada “As Probas ABAU e o Acceso á Universidade” e se informou ós alumnos e alumnas dos centro de secundaria monfortinos sobre outros servizos da USC como Residencias, Voluntariado ou Cultura.

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...