HomePolíticaO PP de Monforte reclama un proxecto de mellora de accesibilidade das...

O PP de Monforte reclama un proxecto de mellora de accesibilidade das zonas peonís

O Partido Popular de Monforte presentará, na sesión do pleno da Corporación do vindeiro luns, 26 de decembro, unha proposta para reclamar a creación dun equipo de traballo que se encargará de redactar un proxecto de mellora da accesibilidade das zonas peonís da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A portavoz popular, Katy Varela, denuncia na proposta o mal estado no que se atopan actualmente algunhas beirarrúas e matiza que “hai puntos críticos que dificultan o tránsito de persoas con mobilidade reducida. Ás grandes elevacións para subir ou baixar en cadeira de rodas, hai que sumar outos tramos nos que se volven estreitas e dificultan o paso tamén a transeúntes con bastón ou muletas”.

A proposta alude de xeito especial ao estado das beirarrúas de distintos puntos da cidade como a Rúa do Morín, onde as luminarias ocupan a maior parte do ancho das mesmas, á Rúa Veiguiña e á Rúa Doutor Casares, na que se ubica o Centro de Saúde, unha zona que rexistra numerosos desprazamentos peonís de persoas con mobilidade reducida. Tamén denuncia a situación da praza dos Escolapios con dúas alturas que dificultan o acceso ao colexio e á igrexa, así como a unha parte do casco histórico onde aumenta a dificultade pola complicada subida a San Vicente.

Varela engade que existen numerosas queixas veciñais “polos pivotes que se colocan en prácticamente todas as rúas da cidade, como na do Conde, onde as beirarrúas son estreitas e o tráfico moi intenso. Ademais, hai outras zonas da cidade onde os cubos do lixo están por riba delas e non pode pasar ninguén, obrigando aos peóns a baixar á carretera”.

Katy Varela cre necesario que o equipo de traballo para redactar este plan de mellora esté conformado por membros da Corporación, representantes das asociacións de persoas con discapacidade e maiores, técnicos en urbanismo e expertos en tráfico, co obxectivo de facer unha completa relación dos lugares necesitados de mellora de accesibilidade nas zonas peonís de Monforte. Así mesmo, a presidenta do PP propón tamén que “a execución deste proxecto de proverase de fondos do propio Concello e de outras administracións competentes na materia”

ÚLTIMAS

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...

O PP anuncia no Parlamento que a Xunta investirá 30M€ no Hospital de Monforte, mentres o BNG reclama solucións ás listas de espera

A iniciativa nacionalista demandaba garantir a cobertura completa de prazas nos servizos con maiores...

“Habilidades e competencias para o emprego”, do 15 ao 17 de outubro no Centro Cívico de Monforte

Enmarcada no programa ALICIA-Activando la Igualdad, a actividade lévase a cabo en colaboración coa...