HomesociedadeAlumnado do IES Xograr Afonso Gómez estuda a calidade do aire de...

Alumnado do IES Xograr Afonso Gómez estuda a calidade do aire de Sarria

Estes días de atrás estiveron a colocar uns tubos de mostras para comezar o seu estudo medioambiental.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Alumnado do centro está a desenvolver un ambicioso estudo que conta coa colaboración do Concello de Sarria. Deste xeito, alumnado do Proxecto Competencial percorreron distintas zonas de Sarria colocando tubos de mostras en puntos estratéxicos previamente seleccionados.

Os tubos serán recollidos dentro dun mes e pasarase á seguinte fase do estudo que ten por finalidade analizar a calidade do aire de Sarria.

Algúns dos rapaces que fan o estudo, traballando. Foto: Concello de Sarria.

Baseado na metodoloxía aprendizaxe-servizo, e que tamén forma parte do Club de Ciencia, o traballo de investigación utiliza unha aplicación móbil de soporte requirindo dun rigoroso protocolo de actuación.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...