HomePolíticaO Bng de Pantón esixe o terceiro médico no Parlamento Galego

O Bng de Pantón esixe o terceiro médico no Parlamento Galego

Estiveron presentes no último Pleno Parlamentario do ano reivindicando a cobertura do terceiro médico de familia no Centro de Saúde do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O grupo municipal do Bng de Pantón asistiu á última sesión do Pleno do Parlamento de Galicia neste ano 2022 para reivindicar a cobertura do terceiro médico para Pantón.

“O Sergas ten reposto outras prazas de medicina de familia no val de Lemos como é o caso do Saviñao en situación similar á nosa e despois de ternos prometido e aprobado no parlamento galego a cobertura da terceira praza no centro de saúde de Pantón, onde seguimos con dous médicos de familia. Isto o que significa é que o Partido Popular despreza a Pantón e á súa xente”, sinalan os nacionalistas.

Dende o Bng de Pantón reclaman a cobertura do terceiro médico e a súa portavoz, RosaAna Prieto, afirma que “sinalamos directamente ao PP de Pantón e de Galicia como único responsable de quedarnos sen dous médicos en menos de seis meses. Esiximos a cobertura permanente da terceira plaza antes das eleccións municipais, do contrario quedaremos para sempre sen el. A cidadanía de Pantón isto non o vai permitir!”.

ÚLTIMAS

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...