HomeCulturaQueres visitar a cara menos coñecida de Pantón?

Queres visitar a cara menos coñecida de Pantón?

A andaina dará comezo ás 10 da mañá diante do velatorio do concello. Non é necesario anotarse e é gratuita

Publicado o

- Advertisement -

O domingo 14 e outubro celebrarase a primeira andaina O Pantón Esquecido con motivo do segundo aniversario do proxecto Segredos de Pantón.

A ruta, que terá unha duración 7 quilómetros, percorrerá os lugares menos conecidos do concello entre os que destacan a Telleira dos Baliño, a aldea do Basillao, a Torre do Mouro, o convento dominico de San Martiño de Pantón, os muros perimetrais do Mosteiro Cistercense do Divino Salvador do Castro de Ferreira, o Camiño Real e o Castro de Ferreira.

Todos os interesados en coñecer estos lugares, deberán de presentarse ás 10:00 horas diante do velatorio do concello. 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...