HomeDeportesMonforte adica 53.000€ á mellora de instalacións deportivas

Monforte adica 53.000€ á mellora de instalacións deportivas

O concello de Monforte mellorou os equipamentos en 3 das súas instalacións deportivas municipais, as dos Campos municipais de fútbol da Pinguela e Luis Bodegas, así como no Pavillón Municipal da Pinguela. O investimento total para estes novos equipamentos foi de 53.228,67€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No caso dos campos de fútbol da Pinguela e Luis Bodegas, estes contan a partir de agora con vídeo pantallas de última xeración que substitúen aos marcadores tradicionais que estaban instalados anteriormente. No caso do campo da Pinguela instalouse unha vídeo pantalla de 8,6 m2, e no Luis Bodegas unha de 5 m2. O investimento neste caso foi de 42.178,14 €.

No Pavillón Municipal da Pinguela instalouse un novo sistema de son e megafonía que substitúe ao que estaba instalado ata o de agora, deteriorado polo uso e o paso do tempo. O investimento do Concello para renovalo foi de 11.050,53 €.

José Tomé subliñou que “actulmente estamos a renovar e mellorar os campos de céspede artificial do Luis Bodegas e do Calasancio, cun investimento que alcanza os 600.000€, e grazas a unha axuda do Consejo Superior de Deportes”.

ÚLTIMAS

Narración oral e homenaxe aos ‘Cómicos de Salcedo’ na Pobra do Brollón

O sábado 16 de maio a Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá ás 20:00...

“Luz de Fada”, a proposta dunha veciña do Saviñao anunciará as Patronais de Monforte

A proposta gañadora foi escollida entre un total de 40 traballos presentados, o dobre...

Nova xornada de concienciación “Gardiáns do Cabe”, promovida polo Club de Pesca Río Cabe

Este 14 de maio o Club de Pesca Río Cabe, coordinou unha nova xornada...

O Correlingua comeza en Monforte con estudantes de oito centros educativos

A deputada de Cultura Iria Castro participou este mércores no acto, que reuniu alumnas...