HomePolíticaOs socialistas de Pantón esixen que se cubra a praza de médico...

Os socialistas de Pantón esixen que se cubra a praza de médico que leva un ano baleira

Os Socialistas de Pantón esixen ao Concello e á Consellería de Sanidade que cumpra co seu compromiso de cubrir a praza do terceiro médico, e brindar así un servizo de calidade aos veciños e veciñas de Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o PSdeG de Pantón “levamos moito tempo denunciando este compromiso incumprido do Alcalde e do PP co noso concello, e seguindo tamén este asunto como fonda preocupación”. Lembremos que se comprometeron tanto pola Alcaldía como pola Xunta de Galicia a cubrir esta praza no mes de xaneiro de 2022, “pero novamente fixeron caso omiso ás peticións da veciñanza, xa que comprobamos que seguimos sen contar con este servizo vital para o pobo”.

Ao longo de todo o 2022 esta praza non se cubriu, creando un gran malestar entre os usuarios e usuarias de Pantón. “E moitas veces, tanto por baixas como por vacacións, o centro de saúde quedou ao longo do ano cun só médico, que é insuficiente para atender a toda a poboación, incluíndo urxencias e servizos a domicilio”.

É importante sinalar que Pantón conta cunha poboación de 2.428 habitantes, e os maiores de 65 anos son máis de 1.142 persoas, é dicir, o 47,4% do censo, “que é o arco de idade que conta con máis patoloxías e polo tanto, que require máis atención sanitaria”. “Ademais, debido á dispersión nas áreas rurais, a falta dun terceiro médico convértese nun problema aínda maior, xa que non todo o mundo pode realizar desprazamentos ata o centro de saúde”, advirten os socialistas.

Tamén critican as medias verdades e as escusas do PP entorno a este asunto. “Non podemos aceptar que se use como pretexto a falla de médicos para cubrir a praza, xa que sabemos e cónstanos que hai profesionais dispostos a traballar. Pero os sanitarios demandan mellores condicións laborais como un contrato digno, e non contratos por días ou horas, como promove o modelo do PP”, inciden. 

Finalmente lembran que o Grupo Parlamentario Socialista defendeu iniciativas para mellorar esta situación, o pasado 28 de marzo de 2022, no Parlamento de Galicia. “Unha vez máis, o PP mirou cara outro lado, abandonando á veciñanza de Pantón”, conclúen.

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...