HomesociedadeMuseo Paixón Motor Slot, un proxecto que pode facerse realidade en Sarria

Museo Paixón Motor Slot, un proxecto que pode facerse realidade en Sarria

Julio Páramo, divulgador sarriao da historia do automóbil de competición, ten ata o 26 de febreiro unha exposición ‘piloto’ no Museo Interactivo da Historia de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sarriao Julio Páramo López ten un interesante proxecto para Sarria: facer realidade o “Museo Paixón Motor Slot” co obxectivo de divulgar de xeito didáctico a historia do automóbil de competición, tanto na vertente deportiva como na tecnolóxica.

Froito desta idea estes días e ata o 26 de febreiro de 2023 o Museo Interactivo da Historia de Lugo, sito no Parque da Milagrosa, conta cunha exposición organizada polo propio Julio como avance do que pode ser o futuro museo. A devandita mostra ‘piloto’ conta coa colaboración e apoio do Concello de Sarria.

Foto da exposición . Fonte: Concello de Sarria.

CONFERENCIA SOBRE O COCHE ELÉCTRICO

Ademais, o día 29 ás 20:00 h., no mesmo Museo Interactivo da Historia de Lugo haberá unha interesante  conferencia que, baixo o título “Presente e Futuro do coche eléctrico”, ofrecerá o tamén sarriao José Luis Portela.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...