HomePolíticaO PP demanda un plan de acción para acabar coa "neglixente xestión"...

O PP demanda un plan de acción para acabar coa “neglixente xestión” das estradas provinciais

Os populares din que a gravidade da situación queda clara só con ver canta xente se queixa en diferentes poboacións lucenses. Temen que “isto aínda está empezando, a auga e as xeadas van agravar os problemas." Javier Castiñeira asegura que “se non hai un plan de intervención para facer un mantemento moito máis amplo do que se está a facer vai ser un inverno moi difícil en materia de estradas”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A rede de estradas da Deputación é fundamental para a vertebración económica e social da provincia, aseguran os populares, pero consideran que a “neglixente xestión do goberno presidido polo socialista José Tomé ten como consecuencia que gran parte destas vías estean en condicións lamentables, debido á falta de mantemento.”

As últimas choivas viñeron a agravar os problemas dos que o PP asegura ter alertado demandando a elaboración e aplicación dun plan de estradas. Agora os populares volven de novo “cunha oferta de consenso para estudar a situación real das estradas e decidir as medidas a adoptar canto antes, do contrario este inverno vai ser moi complexo para os veciños da provincia de Lugo”, sinala Castiñeira, que engade, “Á falta de liderado nunha área tan importante da Deputación únese a falta de incremento nos orzamentos para mantemento; coa suba de prezos, a capacidade de mantemento da rede viaria provincial queda seriamente mermada”.

Insisten en sentarse todos os grupos provinciais para analizar cal é a situación real da rede viaria e as medidas inmediatas que se poden tomar para mellorala.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...