HomeEconomía'Impacto autónomo': programa de axudas directas que van dos 800 aos 1.500...

‘Impacto autónomo’: programa de axudas directas que van dos 800 aos 1.500 €

A convocatoria chega da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o obxectivo é minimizar o impacto da suba dos custos enerxeticos e en materias primas dos autónomos e as pequenas empresas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As axudas directas do programa Impacto Autónomo da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade poden solicitarse desde o 9 de xaneiro ata o 9 de febreiro.

Conta cun investimento de 30 millóns de euros e ofrece axudas directas ás persoas autónomas de entre 800 euros e 1.500 euros para minimizar o impacto da suba dos custos en materias primas e outros gastos que se viron incrementados como os subministros enerxéticos. Inflación que está a afectar e condicionar a actividade económica das persoas traballadoras por conta propia e microempresas.

O pasado 4 de xaneiro, a secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, anunciaba a convocatoria deste programa nunha visita que realizou en Lugo á empresa Pampering.

BENEFICIARIOS/AS

Os beneficiarios e beneficiadas destas novas axudas serán as persoas autónomas dadas de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (Reta) ou Réxime do Mar, incluídas as persoas autónomas societarias e microempresas de ata 10 traballadoras e traballadores, e os mutualistas. As bases, publicadas no DOG (Diario Oficial de Galicia), sinalan que será obriga contar con domicilio social en Galicia e ter uns rendementos netos mínimos de 10.000 euros e máximos de 30.000 euros no exercicio económico do ano 2021.

Para o caso dos autónomos societarios, ademais de cumprir co requisito de ter rendementos netos da actividade económica ou de traballo a nivel individual, a facturación da sociedade deberá ter un mínimo de 50.000 euros e non poderá superar os 750.000 euros. Tamén poderán ser persoas beneficiarias os traballadores e traballadoras por conta propia de tempada que están de alta no momento da presentación da solicitude de axudas, e que teñan estado de alta un mínimo de catro meses e un máximo de nove meses nos anos 2021 e 2022.

CONTÍA DAS AXUDAS

A contía das axudas contémplase no artigo 8 das bases establecéndose en función dos rendementos netos e conforme a unha escala que diferencia autónomos, segundo o réxime de cotización e rendementos declarados, e pequenas empresas, sociedades –incluídas as de economía social–, comunidades de bens ou sociedades civís. Seguindo a devandita escala o importe que se pode percibir vai dos 800 aos 1.500 euros.

Para as persoas autónomas de tempada os importes reduciranse ao 50 %. Redución da contía á metade tamén aplicable para os autónomos, pequenas empresas, sociedades –incluídas as de economía social–, comunidades de bens ou sociedades civís.

Estas achegas para combater a inflación tramitaranse de forma telémática e son compatibles con calquera outro tipo de apoio da Xunta que impulsen o emprego autónomo. Para aquelas actividades que se desenvolvan en establecementos fixos abertos ao público, o negocio deberá estar aberto ao público durante os seis meses posteriores á publicación da orde de axudas.

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...