HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelMelloras no xeomiradoiro do Alto do Boi e na Mina da Toca,...

Melloras no xeomiradoiro do Alto do Boi e na Mina da Toca, en Folgoso

O Concello de Folgoso do Courel e a Axencia Turismo de Galicia veñen de executar un convenio de colaboración asinado entre ambas as administracións que supón importantes melloras neste enclave turístico. O orzamento de ambas actuacións cífrase en 29.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xeomiradoiro do Alto do Boi atópase pasado o quilómetro 12 da LU-651 desde onde pode verse Vilar, Vilamor e parte do val do Río Lor.

As actuacións levadas a cabo na contorna deste envlave consistiron na instalación dun valado de madeira ao longo do camiño de acceso ao miradoiro. Tamén se creou unha zona de aparcamento e instalouse un panel interpretativo e un banco de madeira na zona do aparcadoiro. A intervención supón unhas vistas espectaculares do Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel.

As actuacións na Mina da Toca, no monte do núcleo de Piñeira, consistiron na roza da matogueira existente nos accesos á mina. Fíxose a roza da matogueira, a recollida e apilado de residuos e a trituración e picado de restos nun sendeiro que enlaza o lugar de Piñeira coa Mina da Toca. Tamén se instalou equipamento de información e interpretación para facilitar o acceso á mina a través da colocación dunha mesa de interpretación.

A maiores, e co propósito de evitar caídas aos visitantes, colocáronse 80 metros de talanqueira e 3 sinais preventivas.

Miradoiro e panel do Xeoparque Montañas do Courel. Foto: Prensa do Concello de Folgoso.
Vista da Mina da Toca. Foto: Prensa Concello de Folgoso do Courel.

APOSTA POLOS RECURSOS TURÍSTICOS

Segundo destaca a alcaldesa, Lola Castro, este proxecto supón a revalorización destes dous recursos turísticos do Concello de Folgoso do Courel.

Con estas obras búscase mellorar o acceso aos dous puntos de elevado interese turístico dentro do Concello de Folgoso do Courel que se atopaban nun deficiente estado de conservación, no caso do Alto do Boi por mor dos incendios de agosto do pasado ano.

ÚLTIMAS

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...