HomePolíticaObras de abastecemento de augas e melloras en instalacións no Concello de...

Obras de abastecemento de augas e melloras en instalacións no Concello de Pantón

O concello de Pantón vén de rematar diferentes obras de abastecemento de auga, "cumprindo así o compromiso feito hai un ano" comenta o alcalde, José Luis Álvarez. O equipo de goberno dá conta tamén doutras melloras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O equipo de goberno do Concello de Pantón informa dos traballos realizados para o abastecemento de auga en diferentes poboacións: dotación de auga na Guítara, cun investimento de 80.000€, nos núcleos de Pereiro e Galegos, cun custe de 50.000€. Ademais dos traballos devanditos, tamén se levou o colector de auga a Salcedo –en Moreda– a través do Plan Único cun orzamento de 50.000€.

Ademais doutras obras de abastecemento que se executan a través de Augas de Galicia, rematáronse varias obras de mellora de distintas instalacións municipais, como a remodelación do Pavillón Municipal á que se dedicaron 150.000€ para arranxar o teito, acondicionar solos e vestiarios, e pintar as instalacións.

Na Casa Consistorial e na Casa da Cultura, o concello destinou 50.000€ para mellorar a accesibilidade. Na Casa do Concello instalouse un ascensor e mellorouse a canle de auga da Casa da Cultura para evitar filtracións de auga ao interior.

Concello de Pantón / XdL

O alcalde, José Luis Álvarez amosa a súa satisfacción polo remate destas obras que “mellorarán a calidade de vida da veciñanza nestes núcleos co servizo de auga e as actuacións que beneficiarás aos usuarios/as destas instalacións municipais, pavillón, casa da cultura e casa consistorial”.

Para este 2023 o rexedor confía no remate do proxecto das residencias que a Fundación San Rosendo executará en Pantón para comezar as obras en breve, despois de que o convenio estea xa asinado.

ÚLTIMAS

Ampla axenda cultural para celebrar o ‘Día Internacional dos Museos’ na Rede Museística Provincial

Os catro museos da Rede Museística Provincial --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar...

Adxudicada unha obra de mellora para a LU-P-4702 na Pobra do Brollón

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo avanzou este pasado venres na contratación...

Quiroga solicita ante a Subdelegación do Goberno o arranxo inmediato da N-120

Segundo sinalan desde o Concello de Quiroga a N-120 está nun estado moi precario...

‘Os contos de lobicán’, teatro infantil e familiar en Monforte

A compañía REDRUM TEATRO presenta en Monforte de Lemos o espectáculo "Os contos de...