HomeEconomíaQue suporá para a comarca de Lemos o Plan Galego de Formación?

Que suporá para a comarca de Lemos o Plan Galego de Formación?

O Plan Galego de Formación, a través da Axenda 20, ten como obxectivo incrementar e mellorar as oportunidades laborais, adaptando a formación ás demandas reais do tecido produtivo. Na comarca de Lemos, a Consellería de Economía investirá 800.000 euros neste programa.

Publicado o

- Advertisement -

A finalide do Plan Galego de Formación é que os alumnos poidan escoller o centro e a acción formativa que se impartirá en empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos que son os adxudicatarios das axudas da Consellería de Economía. Ademais, os centros de formación terán a posibilidade de seleccionar directamente ao alumnado.

A cualificación que se imparta permitirá seguir accedendo a certificados de profesionalidade con validez en todo o Estado e será acorde ás necesidades que demanda o tecido empresarial. O alumnado poderá solicitar o centro e a materia na que se desexa formar a través do portal de Emprego https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscador-de-formacion.

As accións formativas terán que ver coas TIC, o comercio e márketing, o turismo e hostalería ou os servizos sociais, entre outros. Cada curso ten unha media de duración de 6 meses.

Na selección do alumnado terán preferencia as mulleres, parados de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que teñan superados un ou varios módulos dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais.

ÚLTIMAS

Empresarias reivindican a súa voz e acción para mellorar a situación socioeconómica da Ribeira Sacra

O encontro de Talento Feminino no Rural que tivo lugar no Castelo de Castro...

Un morto tras chocar un camión e unha furgoneta en Sarria

O condutor dunha furgoneta faleceu nunha colisión frontal contra un camión na estrada LU-633,...

Comeza a organización da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Nesta primeira xuntanza púxose en marcha a maquinaria que moverá esta cita de exaltación...