HomeMedio ambiente e PatrimonioFolgoso do Courel promove a reciclaxe co reparto de 15 composteiros

Folgoso do Courel promove a reciclaxe co reparto de 15 composteiros

Estes 15 composteiros entregaránse de forma totalmente gratuíta a 15 vivendas, sendo a condición indispensable posuír un espazo de horta e/ou xardín no que colocar o composteiro, que recibirán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Folgoso do Courel, coa axuda concedida ao abeiro da Orde do 30 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia- Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, adquiriu 15 composteiros para promover a reciclaxe de residuos orgánicos.

Os interesados poderán solicitalos nas oficinas municipais, de xeito presencial ou de forma telefónica chamando ó teléfono 982 43 30 01 e ata fin de existencias.

ÚLTIMAS

O PSOE de Sarria lidera a resposta social contra a subida de impostos

O voceiro socialista, Benjamín Escontrela, advertiu que “o alcalde gastou sen control, ignorou todas...

O BNG Lugo Sur esixe a reposición inmediata do tren das 23:00h Ourense-Monforte-Lugo

Este servizo fora eliminado no pasado e, tras a mobilización social e política, conseguira...

Festa de outono do comercio asociado de Chantada

O Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra de Chantada organiza unha festa infantil para celebrar...

“O que hai que ver!”, a vindeira obra de teatro no Multiusos de Monforte

O teatro volve este xoves 23 de outubro ao Edificio Multiusos de Monforte dentro...