HomesociedadeComo quedan as prazas de especialidades no Hospital de Monforte?

Como quedan as prazas de especialidades no Hospital de Monforte?

A sección sindical de CIG-Saúde no Hospital de Monforte informa nun comunicado como van quedar as prazas de especialistas no hospital e insisten na perda de toma de decisións neste hospital ao perder a Área Sanitaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo recolle a CIG-Saúde, as prazas de Pediatría existentes no hospital eran 4, agora contarase con dúas e seguirán vindo doutros centros facer gardas. “A pesares de perder 2 pediatras, a proposta da CIG, é que debido a sobrecarga actual que hai nos centros de saúde tamén se pase consulta no hospital”, sinalan.

Amosan a súa preocupación pola praza de Rehabilitación, xa que rematou o prazo para incorporarse, e non se incorporou ninguén, “polo que pasamos de ter 2 rehabilitadoras, a 0. Isto supón un serio problema xa que non hai actualmente ninguén que poida prescribir o tratamento para os pacientes.”

En Dixestivo aseguran que, incorporouse a persoa que colleu praza na ope, pero agora está sen cubrir a praza do doutor Blanco, “como nos deu a entender a Directora, estase a cubrir con Medicina interna e non hai intención de cambiar isto”, apuntan desde a CIG Saúde.

Neuroloxía mantense cubrindo esta praza cos especialistas que veñen de Lugo en lugar de ter un especialista de neuroloxía no Hospital, como acontecía antes. Cardioloxía incorporouse da ope, nestes momentos está de baixa e sen cubrir e ten pedida excedencia por cuidado de fillos, polo que haberá un único cardiólogo. En Xinecoloxia tampouco se incorporou a persona que aprobou a ope polo co que queda o centro cunha menos. Dermatoloxía tampouco se incorpora, polo en principio vai seguir estando ata maio o dermatólogo actual.

Á falta de especialistas, a Cig Saúde engade que a Planta de Medicina Interna leve un ano sin Aparato para facer Electocardiogramas, demanda que dende Lugo non dan solucionado. Tamén teñen nesta planta un desfibrilador antigo “totalmente obsoleto.”

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...