HomeEconomíaMonforte incrementa as axudas para a mellora da eficiencia enerxética nos fogares

Monforte incrementa as axudas para a mellora da eficiencia enerxética nos fogares

A Xunta de Goberno do Concello de Monforte aproba as bases mediante as que incrementa ata 20.000 euros as axudas económicas para mellorar a eficiencia enerxética nos fogares de persoas en situación de risco e/ou exclusión social durante o ano 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para o financiamento destas subvencións, dende o Concello, destinouse un crédito máximo de 20.000€, 5.000 máis que no 2022, “co obxectivo de apoiar ás familias do municipio de Monforte economicamente máis vulnerables e que presentan dificultades económicas para afrontar os gastos enerxéticos, especialmente nun momento no que o importe das facturas, tanto de electricidade como de gas, incrementáronse considerablemente por mor da crisis enerxética que estamos a vivir”, destaca o Alcalde, José Tomé Roca.

Dende o Concello de Monforte de Lemos considérase necesario desenvolver esta medida de axudas específicas, coa finalidade de asegurar o acceso continuado a subministracións básicas de enerxía eléctrica, calefacción, auga quente sanitaria e de gas evitando o seu corte, tendo en conta o seu carácter esencial para previr situacións de risco de exclusión social.

Considérase como situación de risco de exclusión social aquela provocada pola ausencia ou insuficiencia de recursos económicos para afrontar as necesidades básicas da unidade familiar e no seu caso a concorrencia doutros factores que ponderados polos servizos sociais comunitarios condicionen negativa e/ou gravemente a inclusión social.

Así mesmo, considérase unidade de convivencia o conxunto de persoas que viven no mesmo domicilio. A determinación dos membros da unidade de convivencia realizarase atendendo á situación existente no momento da solicitude e tendo en conta os datos que figuren no padrón municipal.

Gastos subvencionables

Os gastos subvencionables a través destas axudas corresponderán á vivenda habitual do solicitante e atendendo a súa finalidade poderán ser os seguintes:

  1. Axudas para facer fronte ás facturas de electricidade que estean pendentes de pagamento na data da solicitude.
  2. Axudas para facer fronte ás facturas de gas natural pendentes de pagamento na data da solicitude ou para repor o gasoil para calefacción.
  3. Axudas para o subministro de gas para electrodomésticos de cociña, quentador e outro equipamento básico da vivenda para a mesma finalidade.
  4. Axudas para outras fontes de enerxía destinada á finalidade destas bases, previa valoración técnica dos servizos sociais.
  5. Axudas para facer fronte ás facturas de instalación/reparación de caldeiras ou outros equipamentos que constitúan unha fonte de enerxía e que estean pendentes de pagamento na data de solicitude.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...