Homesociedade62 operarios e 40 máquinas e vehículos da Deputación traballan para facilitar...

62 operarios e 40 máquinas e vehículos da Deputación traballan para facilitar a seguridade ante os efectos dos temporais

Os concellos afectados na zona centro sur da provincia son Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil e Samos. Nas vías destes municipios transítase con dificultade, e ademais están pechadas por caídas de árbores e desprendementos 6 estradas de 5 concellos da Terra Chá.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O dispositivo de seguridade mobilizado pola Deputación está formado por 62 operarios, 24 máquinas quitaneves con saleiro, 8 pick up con saleiro e cuña quitaneves, e 8 vehículos todoterreo de apoio. Así mesmo, os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías.

A Deputación de Lugo mantén activo o dispositivo que puxo en marcha esta noite ante a previsión de nevaradas. As estradas do centro-sur da provincia afectadas polo temporal de chuvia e neve son as seguintes:

Folgoso do Courel: LU-P-1301, de Seoane de Courel a Pedrafita; LU-P-1303, de Seoane por Visuña a Ferramulín; LU-P-1304, de Mostad por Romeor a Casares; LU-P-1305, de Campa por Vilar a Alto do Boi; LU-P-1306, da LU-651, en Megoxe a Ferreira do Incio; LU-P-4501, do Poio, por Louzarela e Teixeira á de Samos a Courel e acceso a Meiraos; LU-P-4701, da Pobra do Brollón, por Parada dos Montes a Folgoso do Courel; LU-P-4505, de Poio por Louzarela a Teixeira; LU-P-5004, de Cruz de Outeiro por A Seara e Ferramulín ao límite provincial; e LU-P-5601, de Samos ao Courel e ramal a Santa Mariña.

Quiroga: LU-P-5001, de Ponte Barreiro a Vilarbacú; LU-P-5004, de Cruz de Outeiro, por A Seara e Ferramulín ao límite provincial; LU-P-5002, de Quiroga por Parteme a Vilar de Lor; e LU-P-5005, de Alto de Aldriz a Vilar de Lor.

Samos: LU-P-5603, de Aira Padrón, por Ponte Lóuzara a Praducelo; LU-P-5601, de Samos a Courel e ramal Santa Mariña; LU-P-1306, de Megoxe á Ferrería do Incio; e LU-P-5605, de Parada, por Santalla a Ponte Lóuzara.

Desprendemento en Quiroga

Os técnicos da Deputación de Lugo traballan para despexar a estrada provincial LU-P-5004, de Cruz de Outeiro, por A Seara e Ferramulín ao límite provincial, no concello de Quiroga. Unha vez librada farase unha avaliación técnica e económica dos danos por parte da institución provincial. A vía sufriu na noite do luns o desprendemento da ladeira da montaña por motivo das fortes choivas. Este suceso arrastrou varios vehículos e provocou o risco de caída dunha vivenda. Non se produciron danos persoais.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...