HomeDeportesFin de semana do CB Val de Lemos cos cadetes no máis...

Fin de semana do CB Val de Lemos cos cadetes no máis alto da clasificación

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Benxamín. CB VAL DE LEMOS 59 – 69 BOSCO SALESIANOS. Bo encontro do equipo benxamín no inicio da segunda fase da liga, no que pese a verse con desventaxa no marcador, os monfortinos non baixaron os brazos e estiveron a piques de remontar nun emocionante cuarto final.

Alevín. BOSCO SALESIANOS 35 – 78 CB VAL DE LEMOS. Victoria a domicilio para o equipo monfortino no inicio da segunda fase da liga, con moi boas fases de xogo e seguindo nunha liña ascendente.

Infantil masculino. CB VAL DE LEMOS 36 – 49 COB OURENSE. Emocionante e igualado encontro que se decidiu no derradeiro cuarto, onde os visitantes estiveron máis atinados de cara ó aro. Os monfortinos seguen a medrar como equipo e a deixar cada vez mellores actuacións.

Infantil feminino. DEPORDIMA 71 – 21 BERSO VAL DE LEMOS. Saída  compricada a que tiñan as monfortinas, que tampouco tiveron un bo día de cara ó aro. Maila a derrota, as rapazas non escatimaron en esforzos e loitaron ata ó derradeiro segundo.

Cadete. CB VAL DE LEMOS 86 – 24 BLANCO AMOR. Encontro moi completo do equipo monfortino, tanto no ataque coma na defensa, para conseguir un cómodo triunfo e seguir no máis alto da clasificación.

Junior. AB XINZO 68 – 49 ABRENTE VAL DE LEMOS. Tiña o equipo junior unha saída compricada, visitando ó segundo clasificado da liga. Pero a escadra monfortina foi quen de plantarlle cara ós da Limia cun bon xogo ata o derradeiro cuarto, no que se decidiu o encontro a favor dos locais.

Senior. ABRENTE VAL DE LEMOS 65 – 59 DEPORDIMA. Non foi o mellor encontro en canto a xogo dos monfortinos, que tiveron que empregarse a fondo para conseguir derrotar a un bon Depordima que vendeu cara a derrota. 

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...